Xosé Manuel Felpeto presenta este venres en Neda a novela “Branco xiz tirando a negro”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Casa das palmeiras acollerá o vindeiro venres a presentación do segundo libro de Xosé Manuel Felpeto Carballeira. O actor e escritor de Xermade contará aos asistentes os detalles de Branco xiz tirando a negro, unha obra na que volve a pór en valor o rural.

Na cita, que arrincará ás 20.15 horas, o autor será presentado por Lorena Montero, amiga e integrante como o xermadés da CorRal Poliafónica O Aturuxo de Melpómene. A agrupación tampouco faltará a esta cita, e interpretará un par de temas durante a presentación.

Felpeto Carballeira volve a Neda, onde presentou, en plena pandemia, a súa primeira novela O pau de ferro, unha obra que tivo unha excelente acollida.

Nesta segunda obra, editada por Tris-Tram, o escritor pon de novo en valor a vida no campo galego. O protagonista é un home que pasa da vida urbana á rural e compara as súas formas de vida; pasa da frialdade da cidade á calidez do rural.

Share.

Comments are closed.