Martes, Xaneiro 31

Xornada de iniciación ao bádminton na pista do Roxal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda celebrará unha xornada de portas abertas na que nenos e nenas, mozos e mozas e persoas adultas poderán iniciarse na práctica do bádminton. Unha disciplina deportiva con clube propio no municipio, que busca gañar alumnos e alumnas para as súas clases. Así, as xornadas terán lugar o sábado 4 de febreiro pola tarde, na pista deportiva do Roxal, e estarán guiadas polo Neda Club Bádminton. A participación é gratuíta, con inscrición previa chamando ao teléfono da Biblioteca Municipal: 981 39 02 33, en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 h, de luns a venres -dende xa e ata o venres 3 de febreiro-.

De 17:00 a 18:30 h, os monitores ofrecerán unha clase de iniciación aos nenos e nenas de 6 a 13 anos -incluídos-, e a partir das 18:30 h e ata as 20:00 h, será o turno para mozos e mozas a partir de 14 anos e persoas adultas. Ao remate de cada taller disputarase un breve partido.

Share.

Comments are closed.