Domingo, Novembro 10

Unhas 200 persoas despedirán o entroido este domingo co Cocido interxeracional de Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Ao redor de 200 persoas participan este domingo no Cocido interxeracional. A cita, organizada polo Concello de Neda, busca propiciar, coa tradicional gastronomía do entroido como escusa, o encontro entre veciños e veciñas de todas as idades. Haberá ademais música en directo e sorteo de agasallos.

O polideportivo municipal Ale de Paz será, a partir das 14 horas, o escenario elixido para esta celebración na que se apuntaron – a falta de incorporacións de ultimísima hora- máis de 190 persoas, a inmensa maioría residentes de Neda. Unha festa para os amantes da boa mesa na que os sabores máis típicos destas datas serán protagonistas.

Apuntan dende o Consistorio que o menú inclúe unha sopa para quecer o corpo, e un poderoso cocido con grelos, patacas, lacón, costela, panceta, orella, chourizo e tenreira.  E antes do café, unhas boas torradas.

Rematado o xantar, será tempo de música e de baile para baixar calorías. Así, o encontro contará coa actuación ao vivo de Jorge Latino. Finalmente, durante a xornada sortearase entre os asistentes diferentes cestas con produtos típicos destas datas.

Share.

Comments are closed.