Sábado, Setembro 23

Un dos foodtrucks de “Galicia sabe aMar” ofrecerá degustacións gratuítas este venres na praza da casa consistorial de Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Neda será punto de parada este venres das rutas gastronómicas que están a realizar os foodtrucks da campaña “Galicia sabe aMar” para promocionar a calidade e versatilidade dos produtos galegos do mar por parte da Xunta e coa colaboración dos concellos. Recalará na praza da casa consistorial, onde ofrecerá degustacións gratuítas ás persoas que se acheguen en horario de 12:00 a 15:00 e de 16:30 a 19:30 horas.

Catro foodtrucks iniciaban en febreiro os percorridos, que coinciden cos camiños de Santiago, e neles a cidadanía pode probar algunhas das 10 receitas que se elaboran con produtos certificados do mar -como berberecho de Noia, bonito do Norte, mexillón de Galicia ou peixes e mariscos con selo pescaderías-, xunto con outros da terra con denominación de orixe como as fabas, o mel, os pementos, os queixos, o pan e as patacas.

Share.

Comments are closed.