O Albergue de Peregrinos converterase este sábado en punto de partida da primeira das Rutas Saudables que organiza o Concello de Neda no marco do programa #NedActívate. No día de onte pechábase o prazo de inscrición, contabilizándose un centenar de persoas anotadas. Unha cifra moi positiva coa que arrancar o proxecto co que se busca fomentar a práctica deportiva, coa motivación de facelo en grupo, e tamén desfrutar da paisaxe urbana e natural do municipio.
Deste xeito, o itinerario previsto para mañá, de 8,5 kms e dificultade media-baixa, percorrerá, entre outros puntos, o paseo marítimo e a zona do Puntal. Un itinerario que guiará persoal voluntario da Sociedade Cultural e Deportivad do Roxal, só posible grazas á colaboración fundamental da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil de Neda.