Mércores, Decembro 4

Últimas prazas na primeira das Andainas Saudables por Neda que organiza o Concello este sábado

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello anima a veciños e visitantes a tomar parte nas Andainas Saudables por Neda. Unha iniciativa coa que busca fomentar hábitos de vida saudables a través da práctica deportiva e, ao mesmo tempo, descubrir ou redescubrir o extraordinario patrimonio natural do municipio. A primeira delas celebrarase este sábado 31 de xullo a partir das 9,30 horas e discurrirá por Albarón, Mourela do Medio, Escorial, Cruz do Pouso, Mirador de Ancos, Casadelos, e regreso a Albarón. Unhas dúas horas de percorrido con dificultade media baixa.

A participación é gratuíta e as persoas interesadas en tomar parte deben anotarse nos seguintes teléfonos: 981 39 02 33 (en horario de 9 a 14 h) e 667 393 192 (de 17 a 20 h). O prazo péchase o venres a mediodía.

Share.

Comments are closed.