Tempo para o Teatro trae este venres a Neda “Divas de Diván”, de Tarabela Creativa

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A programación cultural do Concello de Neda para o mes de decembro inaugúrase este venres día 3 coa obra “Divas de Diván” de Tarabela Creativa. Un espectáculo incluído no ciclo Tempo para o Teatro que se celebrará na Casa da Cultura a partir das 20,30 horas. As entradas, ao prezo único de 2 euros, poden reservarse chamando ao teléfono 981 39 02 33 (en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 h) e abonarse o mesmo día da función, dende 30 mins antes do seu inicio.

“Divas de Diván” xunta a Vero Rilo, Ángeles Goás e Carmen Conde arredor dunha mesa mentras pican queixo de tetilla, comparten uns chouriciños e proban que pementos pican e cales non, para contarnos historias da erótica do noso país. Porque dende logo, si, cos contos que elas traen hai material para fundar a nosa propia mitoloxía.

A obra conta co apoio da Deputación a través da Rede Cultural.

Share.

Comments are closed.