Sábado, Decembro 3

“Tempo para o Teatro” este venres en Neda coas compañías A Quinta do Cuadrante e Incendiaria e a súa obra “A lúa vai encuberta”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

As compañías A Quinta do Cuadrante e Incendiaria traen este venres a Neda “A lúa vai encuberta”, un espectáculo de teatro contemporáneo arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan. A función inclúese no ciclo municipal Tempo para o Teatro, e dará comezo ás 20:30 horas na Casa da Cultura. As entradas poden adquirirse na Biblioteca, ao prezo único de 2 euros, ata o venres -ou completar aforo- de 9 a 13 h e de 16 a 20 h.

A obra, baseada nun texto de Manuel María, está dirixida por Tito Asorey, e conta no seu elenco con Melania Cruz, Davide González, Vanesa Sotelo e o propio Asorey. Gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais impulsado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos, foi finalista ao Mellor Espectáculo nos XXVI Premios de Teatro María Casares.

Share.

Comments are closed.