Ante a predición meteorolóxica, que apunta a probabilidade de chuvias de cara a este sábado, 3 de setembro, o Concello de Neda cancela o “Pícnic fin de verán”, programado para ese día pola tarde no campo de Subarreiros. A decisión adoptada ten en conta que o atractivo central do evento para os nenos e nenas era a presencia dun gran rocódromo que, de cumprirse os prognósticos do tempo, non poderían utilizar en condicións óptimas de seguridade.
Dende a Concellería de Deportes confían en que esta nova proposta, dirixida a despedir a tempada estival cun encontro interxeneracional, con actividades de lecer activo para toda a familia, poida retomarse o, por fin materializarse, o vindeiro ano.