Neda ultima a posta a punto da súa biblioteca municipal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O alcalde de Neda, Ángel Alvariño, e outros representantes municipais, acomparon esta mañá á delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, durante a visita realizada ás instalacións da biblioteca municipal. O equipamento cultural se atopa en pleno proceso de montaxe, tras a renovación das librerías da sala de lectura principal, unha intervención cofinanciada polo Concello e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, cunha subvención de 19.000 euros.

O cambio do mobiliario permitirá garantir a conservación dos fondos bibliográficos existentes e facilitar o acceso aos mesmos por parte dos lectores e lectoras. A mellora completouse cun lavado de cara das instalacións, que reabrirán nas próximas semanas cunha imaxe máis actual.

Ademais, coa axuda para a equipación e mellora das instalacións, adquiriuse material informático para a realización de tarefas administrativas do persoal e de consultas por parte das persoas usuarias da biblioteca.

Share.

Comments are closed.