Mércores, Febreiro 21

Rematados os traballos de renovación da beirarrúa do Camiño do Regueiro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Asociación de Concello do Camiño Inglés, da que forma parte o Concello de Neda, vén de rematar as obras de renovación da beirarrúa do Camiño do Regueiro. A actuación busca mellorar a seguridade viaria da veciñanza e tamén dos peregrinos que utilizan esta vía, incluída no trazado da ruta xacobea, e que conta cun importante tráfico rodado.

En apenas unha semana, a empresa SYR-AMG S.L. completaba a intervención, consistente na substitución do antigo pavimento da beirarrúa, que presentaba un estado de conservación deficiente (afundida nalgúns tramos, con baldosas rotas) como consecuencia do paso do tempo, de sucesivas reparacións realizadas e máis de estacionar sobre ela. As obras incluíron ademais a colocación de novos bordos, o “recrecido” de pozos e arquetas á nova cota, e unha pequena ampliación nas zonas máis estreitas.

A intervención foi proposta dende o Concello no marco dun paquete de melloras,  previstas nos distintos municipios polos que pasa o Camiño Inglés. A finalidade é optimizar a seguridade nesta céntrica vía, moi transitada, que conecta a Avenida Castelao e a Avenida de Alxeciras. O Concello ten previsto levar a cabo a renovación da outra beirarrúa a través doutro programa de obras.

Share.

Comments are closed.