Martes, Decembro 3

Publicadas no BOP as bases do programa de subvencións para favorecer a prevención e integración social das persoas e familias

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia as bases reguladoras do programa municipal de subvencións para favorecer a prevención e a integración social das persoas e familias. Dá así cumprimento ó compromiso de publicitar o plan municipal de axudas, destinadas a veciños/as e familias empadroadas na localidade que se atopen en situación de necesidade económica e/ou social, tendo por finalidade última a mellora da súa calidade de vida.

De pagamento único, son incompatibles con calquera outra prestación pública que lle puidese corresponder á persoa beneficiaria para esta mesma finalidade. Non obstante, poden ser complementarias nos casos nos que se considere oportuno en  virtude da gravidade da situación socioeconómica e familiar recollida no informe social. Con elas cúbrense diferentes conceptos, dende a alimentación ata o alugueiro da vivenda ou pequenas reparacións nesta, pasando por sesións de fisioterapia ou podoloxía ou mesmo o pago de taxas municipais -auga, saneamento e lixo-, entre outros.

A convocatoria permanece aberta durante todo o ano e, para acceder ás axudas, entre outros requisitos, é preciso estar empadroado/a no municipio e contar con residencia efectiva en Neda cunha antigüidade mínima de 6 meses, ou non ser a persoa solicitante ou calquera membro da unidade familiar propietario/a e/ou usufructario/a de ben inmobles que, polas súas características ou valoración, posibilidade de venda ou calquera outra forma de explotación, indiquen de xeito notorio a existencia de medios materiais suficientes para atender o gasto obxecto da solicitude, agás a propiedade referente á vivenda destinada a vivenda habitual.

A convocatoria e bases poden consultarse no BOP do martes 9 de agosto: https://cutt.ly/cZ5AKdk

Share.

Comments are closed.