O Concello de Neda fai publica a listaxe provisional de alumnado admitido e excluído na escola infantil municipal Os Pelegríns, de cara ao curso 2026-2027. No lista, que pode descargarse aquí, figuran catro nenos e nenas admitidas na aula de 0-1 anos; 13 na de 1-2 anos (con dous nenos/as en reserva); e 15 na dos maiores.
Ademais de nesta web, o documento estará dispoñible para a consulta por parte das familias no taboleiro de anuncios da propia escola, situada no lugar de Empedrón. A partir de hoxe ábrese un prazo de 10 días hábiles para que as persoas que o desexen poidan presentar reclamacións, debidamente documentadas, á listaxe.