Luns, Novembro 29

Producións Teatrais Excéntricas trae este domingo a Neda o seu espectáculo “Cartoons”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A programación cultural do Concello de Neda continuará este domingo 24 de outubro cun espectáculo dirixido especialmente aos máis pequenos e pequenas da casa. A partir das 18,30 h, Producións Teatrais Excéntricas representará na Casa da Cultura “Cartoons”, finalista nos Premios María Casares na categoría de espectáculo infantil. Protagonizado por Josito Porto e Víctor Mosqueira, tamén director da obra, a función abordará a realidade e actualidade dende unha perspectiva diferente á que coñecemos a través dos medios. Un espectáculo de clowns que se convirte nun eficaz vehículo de valores como a colaboración, o traballo colectivo, a solidariedade, a consciencia ecolóxica, a empatía social ou a autosuficiencia.

As entradas xa están á venda ao prezo de 1 euro para o público infantil e de 2 para o adulto. Así, as persoas interesadas nesta proposta cultural poden reservar a súa praza chamando ao teléfono 981 39 02 33 (en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 h) e abonar a entrada antes de comezar a función.

Share.

Comments are closed.