O Concello promove no IES Fernando Esquío sesións informativas sobre prevención de adiccións

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda achega a próxima semana ao IES Fernando Esquío o programa “Non pasa nada, pasa algo?” de prevención de adiccións entre a mocidade. Alumnado da ESO participará nas sesións informativas, impartidas por persoal técnico de Asfedro.

O ciclo de charlas, que forma parte das accións en materia de promoción de hábitos de vida saudables, que desenvolven conxuntamente os concellos de Fene, Mugardos e Neda, co apoio da Consellería de Sanidade, busca ampliar a información que a xente nova ten sobre o fenómeno das adiccións, ademais de incrementar a percepción de risco entre o alumnado.

Nas charlas abordaranse conceptos básicos sobre as adiccións con sustancia e adiccións comportamentais (xogos de azar, videoxogos…) Falarse do uso excesivo e seguro de dispositivos móbiles e das adiccións a sustancias como o tabaco, o alcohol, as bebidas enerxéticas ou o cannabis.

As sesión, que terán lugar o 13 e 15 de maio, servirán para poñer sobre a mesa crenzas e actitudes dos estudantes de primeiro e segundo da ESO do instituto local sobre as drogas, e para facer fronte a mitos que rodean o consumo de determinadas substancias.

Share.

Comments are closed.