Mércores, Febreiro 21

Preto de 30 equipos disputarán o XII Torneo Prebenxamín, Benxamín e Alevín da SDR Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Preto de 30 equipos chegados de toda Galicia, aínda que con gran presenza da comarca de Ferrol, disputarán esta fin de semana o XII Torneo Prebenxamín, Benxamín e Alevín da SDR Neda. O campo municipal de fútbol Juanito González acollerá un ano máis a competición que organiza o clube local coa colaboración do Concello. Unha excelente oportunidade para desfrutar do mellor fútbol coas categorías de base.

A xornada de mañá sábado está reservada para os alevíns. Así, o balón comezará a rodar ás 9:30 horas, e a partir de entón, disputaranse simultaneamente dous partidos cada 20 minutos. Ata as 14:25 h. Tras o parón do mediodía, o torneo retomarase ás 15:30 h, coa previsión de celebrar as semifinais ás 19:30 h. Sobre as 20:15 h, disputarase a gran final e o partido polo 3º e 4º posto, coa entrega de trofeos media hora despois. Na cita, tomarán parte 14 equipos.

Ao día seguinte, domingo, saltarán ao terreo de xogo as categorías prebenxamín e benxamín, co concurso de 5 e 10 equipos respectivamente. Os partidos comezarán ás 9:45 h, ata as 13:25 h, e finalizado o descanso para o xantar, recuperaranse ás 14:35. As finais están previstas para as 19:30 h, e a entrega de trofeos, para as 19:55 h.

Share.

Comments are closed.