Ferrol acollía onte a presentación da XXXVII carreira popular- Volta á Ría Memorial Adolfo Ros que este ano sairá da cidade naval o domingo 3 de decembro ás 10:00 horas.
A proba está organizada polos concellos de Ferrol, Narón, Neda e Fene e no acto de presentación o rexedor ferrolán, José Manuel Rey, estivo acompañado polos concelleiros de Deporte de, Ibán Santalla, Ángeles Puentes e Adán Chao respectivamente, así como polo irmán de Adolfo Ros, Xaquín Ros, e Luis Rilo en representación da empresa Rilo, patrocinadora do evento.
O percorrido será de media maratón (21 quilómetros) e a saída producirase nas inmediacións da praza de España para tomar a estrada de Castela cara Narón e, a continuación, seguir por Neda (Avenida de Xubia, AC-115, Avenida de Alxeciras, Avenida Médico Cebreiro) Fene con volta a Ferrol.
Haberá trofeos para o gañador e gañadora absoluta da proba, tamén para os tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos da proba absoluta residentes en calquera dos catro concellos organizadores, e para os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculina e feminina, tanto absoluta como de menores (agás os peques nacidos no ano 2018 e anteriores).
A inscrición na proba, que lembra a figura de Adolfo Ros, que perdeu a vida intentando salvar a dun grupo de nenos na praia de Doniños en 1985, está aberta a través da web www,carreirasgalegas. E a carreira está aberta A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, poderán participar na media maratón os/as nacidos/as no ano 2005 e anteriores. Para as categorías de menores, estableceranse probas de menor distancia.
A retirada de chips e dorsais poderase efectuar o venres 1 de decembro de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:30 horas no polideportivo de A Malata, o sábado 2 de decembro de 10:00 a 13:30 no polideportivo de A Malata e de 16:00 a 20:30 horas na oficina de turismo da praza de España. O mesmo día da carreira poderán retirarse na oficina de turismo da praza de España en horario de 8:00 a 09:30 horas.