A escritora Ángeles Goás presentará en Neda o seu último libro infantil “O asubío do avó”. Será este venres ás 19:30 h na Casa da Cultura, e estará acompañada de Leandro Lamas, autor das ilustracións da obra, así como Eva López, representante da Editorial Galaxia.
A entrada é libre, pero requírese de inscrición previa, chamando ao 981 39 02 33.