Sábado, Setembro 23

Presentación en Neda da obra “Las minas de Santa Comba”, de Juan José Lada Vilariño

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Casa da Cultura de Neda acollerá o venres 19 de novembro ás 19 horas a presentación do libro “Las minas de Santa Comba”, de Juan José Lada Vilariño. As persoas interesadas en participar na mesma xa poden reservar a súa butaca chamando ao teléfono 981 39 02 33 (en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 horas de luns a venres).

Juan José Lada Vilariño naceu en Amberes (Bélxica), aínda que aos 5 anos vén a Narón coa familia para residir dende entón no municipio veciño. Sempre tivo inquietude por escribir, e especialmente de temas relacionados con Ferrolterra. Os seus avós mostráronlle a cidade naval e a súa historia camiñando polas súas rúas, así que no 2020 decidiu, co apoio da súa familia, escribir “El Tesoro de Artabria”, a primeira novela, e da que destaca o seu valor pedagóxico.

Sempre que escribe, ao ser libros para nenos/as e mozos/as, faino inevitablemente pensando no seu fillo. Para dar continuidade a eses mesmos valores e para seguir descubrindo a zona, escribe en 2021 “Las Minas de Santa Comba” que, entre outros lugares, os seus personaxes descobren o Pazo da Merced ou a igrexa de San Nicolás.

Share.

Comments are closed.