Presentación do libro “Umha mao de pintura” de Leandro Lamas este venres na Casa da Cultura

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Casa da Cultura acollerá este venres a presentación do libro “Umha mao de pintura” de Leandro Lamas. O acto dará comezo ás 19:30 horas, organizado por Semente de Trasancos coa colaboración do Concello de Neda. Acompañarán ao artista Silvia Casal, de Semente; o editor e ideólogo da edición, Séchu Sende, e a escritora e fotógrafa Charo Lopes. Así mesmo, o profesor de pedagoxía e intérprete Xoam Padín sumarase á cita con algúns temas musicais.

A obra, editada por Através, busca homenaxear a Leandro Lamas, un dos grandes ilustradores galegos, e para iso ao longo das súas páxinas poderemos achegarnos á súa obra artística, integrada por acuarelas, óleos, murais ou outras creacións como logos, prendas e tatoos, presentes na publicación a través das fotografías de Charo Lopes. Xaquín Marín asina o prólogo da obra, que descubrirá as motivacións, temas, técnicas e curiosidades do proceso creativo de Leandro Lamas. Un libro que recolle a Galicia imaxinada polo autor.

Nace do micromecenado, a través da plataforma Vermaki, e entre outros, conta coa participación efectiva no proceso dos concellos de Neda, Cedeira, Narón, Moeche e San Sadurniño.

Share.

Comments are closed.