O Concello de Neda abre o prazo de preinscrición na Campaña de Neve 2023 que promove a Deputación para nenos e nenas de entre 11 e 15 anos incluídos (cumpridos a 31 de decembro de 2022). No caso do noso municipio asignáronsenos 5 prazas para a primeira quenda, do 13 ao 16 de xaneiro de 2023, na estación Valgrande-Pajares (Asturias). As familias interesadas teñen á súa disposición as fichas de inscrición nas oficinas da casa consistorial, na web de deportes da Deputación e nos coles do municipio, e deben presentarse no rexistro xeral ata o 14 de decembro (incluído).
Así mesmo, e no caso de que a demanda exceda a oferta, entre o 15 e o 17 de decembro sortearanse as prazas, con prioridade para os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de inverno.
O custe da actividade é de 85 euros e inclúe a estancia e os cursiños e o transporte dende a comarca.