Martes, Decembro 3

Prazo aberto no programa de Termalismo do Imserso para o 2022

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda lembra que está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa de Termalismo do Imserso en 2022. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos incluídos, as solicitudes poderán presentarse ata o 31 de decembro de 2021, namentras que para as quendas de setembro a decembro, o prazo manterase ata o 15 de maio de 2022.

Dende o departamento municipal de Servizos Sociais de Neda facilítase información sobre a convocatoria, e tamén axúdase ás persoas interesadas na tramitación da solicitude.

Share.

Comments are closed.