Mércores, Decembro 4

“Pasiño a pasiño, polo bon camiño”, o alumnado do CRA de Narón visita o Albergue de Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Albergue Municipal de Neda recibía onte unha visita moi especial, a do alumnado e equipo docente do CRA de Narón, integrado polas escolas unitarias de Domirón, O Val e Sedes. Durante todo o curso, traballaron ao redor do proxecto común “Pasiño a pasiño imos polo bon camiño”, co que buscaron fomentar hábitos saudables e a práctica de exercicio físico, e tras levar a cabo varias camiñatas, encontraron no Camiño Inglés outra vía coa que continuar reforzando estes obxectivos e tamén dar a coñecer ao alumnado o seu territorio máis inmediato. Así, comenzaron a traballar nas aulas a simboloxía da ruta xacobea, tirando incluso de experiencias dos/as familiares-peregrinos dos/as estudantes, entre outras iniciativas.

Onte pola mañá, emprendían o Camiño Inglés, e cubrían parte da primeira etapa, entre Narón e Neda, no que se emplaza o primeiro Albergue da ruta. O Concello abríalles as portas das instalacións, e as concelleiras Ángeles Puentes e Marián Bello exercían de guía, entregándolles ao remate da visita un diploma acreditativo do seu paso polo albergue municipal.

Practicamente fixeron pleno de participación, xa que dos 178 alumnos e alumnas de entre 3 e 10 anos cos que conta o CRA, facían o camiño 175 pequenos/as peregrinos/as, acompañados todos eles e elas dos seus 21 profes. A visita, como é de rigor, remataba coa tradicional foto de familia.

Share.

Comments are closed.