Os obradoiros de prevención de adiccións ás TIC´s chegan ao IES Fernando Esquío

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Tralo seu paso polos coles de Maciñeira e San Isidro, os obradoiros de prevención de adiccións ás TIC´s chegan ao IES Fernando Esquío. Así, dende finais de novembro, durante este mes, e en xaneiro, á volta das vacacións, alumnado de 1º e 4º curso da ESO participarán nos talleres.

A iniciativa forma parte do programa que promoven conxuntamente os concellos de Fene, Mugardos e Neda, co apoio da Consellería de Sanidade. Entre outros contidos, nos talleres trabállase o coñecemento sobre os hábitos de saúde da poboación participante -autocoñecemento e autoestima-; abórdanse os hábitos sobre videoxogos e redes sociais -xogo online, apostas e perigos de Internet e protección online-, ou adiccións sen substancias (diferenzas entre uso, abuso e dependencia).

As sesións completaranse cunha serie de xornadas coas familias.

Share.

Comments are closed.