Mércores, Febreiro 21

Os concellos de Fene, Mugardos e Neda retoman as sesións do programa “Acompañar no reto de educar”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

No marco do programa “Máis que un teito”, os concellos de Fene, Mugardos e Neda dan continuidade ao ciclo de talleres “Acompañar no reto de educar”. As próximas sesións terán lugar o vindeiro luns 5, 19 e 26 de febreiro. Todas elas, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Fene. Con prazas limitadas e participación gratuíta, requírese de inscrición previa a través do código QR do cartaz.

A sesión da vindeira semana, baixo o título “Beneficios da intelixencia emocional nas crianzas”, está dirixida a todos os públicos, e especialmente a familias e preadolescentes, entidades sociais e ANPAs.

Ademais, co obxecto de que as familias poidan dispoñer dun tempo para acudir as sesións, paralelamente estará dispoñible un espazo para as crianzas con monitorado para dinamizar ao grupo, que deberá solicitarse no momento da inscrición.

Cofinanciado pola Consellería de Sanidade, este programa de formación en prevención familiar e comunitaria ten como  finalidade acompañar para evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables e tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero. Así, promóvense actuacións encamiñadas a sensibilizar, mellorar e complementar a información nas familias a nivel emocional e na prevención  das condutas adictivas de maneira precisa e axeitada.

Share.

Comments are closed.