Os coles do municipio participan nas xornadas de fútbol organizadas pola SDR Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Neda, 15 de xuño de 2021. Ao longo desta semana, os nenos e nenas dos coles do municipio tomarán parte nas xornadas de iniciación ao fútbol organizadas pola SDR Neda co apoio do Concello. A actividade iniciábase esta mañá no CEIP de Maciñeira e reeditarase mañá, namentras que no CEIP San Isidro as sesións terán lugar xoves e venres.
Con esta iniciativa, o clube local busca achegar o fútbol á comunidade educativa fomentando a súa práctica, e sumando así canteira. Un proxecto compartido polo Concello, que ve neste tipo de accións unha vía para promocionar os hábitos saudables entre nenos e mozos e combatir o sedentarismo a través do deporte.

Share.

Comments are closed.