Martes, Xullo 5

Os campamentos de verán Conciliamos Xogando arrancarán o 1 de xullo con 89 nenos e nenas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Os campamentos de verán Conciliamos Xogando arrancarán o vindeiro venres 1 de xullo coa participación de 89 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Esta mañá, o Concello de Neda publicaba a listaxe de solicitudes admitidas no periodo de inscrición neste recurso de conciliación, gratuíto para as familias. Así, todas as solicitudes presentadas que cumprían os requisitos foron aceptadas, xa que as prazas ofertadas eran 90. Ademais, aqueles nenos e nenas non empadroados, pero nos casos nos que se xustificou que durante o mes de xullo quedaban a cargo dos avós/avoas residentes en Neda, tamén accederán ao programa.

Celebrarase ao longo de todo o mes de xullo, de luns a venres e en horario de 8:45 a 13:45 horas, nas instalacións do CEIP San Isidro. Nesa franxa temporal, participarán en obradoiros e actividades lúdicas e didácticas, tentando fomentar aquelas no exterior.

LISTADO DE SOLICITUDES ADMITIDAS

Share.

Comments are closed.