Martes, Decembro 3

Once concellos de Ferrolterra e do Eume impulsan unha recollida de firmas para esixir melloras no transporte interurubano

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Os concellos de Neda, Ferrol, Narón, Fene, Ares, Cabanas, As Pontes, Pontedeume, A Capela, Monfero e Miño impulsan unha campaña de recollida de sinaturas para esixir á consellería de Infraestruturas e Mobilidade unha solución inmediata á problemática do transporte interurbano na comarca.

Os concellos asinantes denuncian “o desleixo da consellería, quen dende hai máis dun ano desoe e nega as innumerables queixas que se están a producir polo mal funcionamento do transporte interurbano”.

A recollida de sinaturas pretende ser un aval das reivindicacións trasladadas polos usuarios/as. Entre estas queixas, inclúense a supresión de frecuencias, o incumprimento dos horarios, ou a carencia de reforzos nas paradas con máis demanda.

A isto súmase o incumprimento e supresión das rutas sen previo aviso, uns horarios que non cobren a demanda real da poboación e a carencia de frecuencias suficientes para a época estival, na que os municipios aumentan a súa poboación.

Co obxectivo de solucionar este problema, os distintos municipios afectados levan meses impulsando diferentes iniciativas. Entre elas, promovéronse reunións cos diferentes concellos afectados, así como co Delegado territorial da Consellería.

A situación tamén foi tratada no Parlamento de Galicia, onde se expuxeron os problemas que comezaron coa nova empresa adxudicataria do servizo. Por último, os concellos da comarca sinalaron o seu desacordo coas modificacións ao plan de transporte propostas pola consellería, as cales non solucionaban a problemática do transporte na zona.

Share.

Comments are closed.