Mércores, Abril 23

Neda impulsa obradoiros de prevención do acoso escolar e resolución de conflitos nos coles

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda pon en marcha nos colexios públicos do municipio un ciclo de obradoiros sobre  resolución de conflitos e prevención do acoso escolar. As actividades, incluídas no programa socioeducativo “Saúde na escola”, promovido conxuntamente Fene, Mugardos e Neda, arrancaron hoxe nas aulas do CEIP San Isidro.

Alumnado de cuarto, quinto e sexto participou esta mañá na primeira das tres sesións dinámicas, impartidas pola psicóloga e educadora de disciplina positiva Andrea Bechlian, que forman parte da iniciativa. O ciclo parte da premisa de que a escola é un espazo fundamental onde os nenos e nenas experimentan e aprenden a lidar con discrepancias e tensións.

  • ”Saúde na escola” persegue, en primeiro lugar, sensibilizar e desenvolver habelencias sociais e emocionais para identificar o previr o acoso escolar. Así, traballarase coa rapazada as habilidades para resolver conflitos de forma saudable e respectuosa. Así, proporcionarase aos nenos e nenas ferramentas para que aprendan a comunicarse dunha forma asertiva e daranse a coñecer estratexias (trucos) útiles para a identificación e a resolución dos conflitos que poidan xurdir.

O programa, complementario das charlas para familias de “Más que un teito”,  que conta co apoio da Consellería de Sanidade, desenvolverase no San Isidro os xoves do mes abril e no CEIP Maciñeira, entre finais de abril e durante a primeira quincena de maio.

Share.

Comments are closed.