Martes, Decembro 3

Obradoiros infantís de elaboración do pan de Neda, este sábado en Primavera do Camiño

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A cita, que este ano celebra en Ferrol a Asociación de Concellos do Camiño Inglés, terá lugar este sábado durante todo o día
O Concello de Neda estará presente co seu produto gastronómico estrela e cun stand turístico atendido por unha informadora

Neda, 16 de xuño de 2021. No marco de Primavera no Camiño, Neda promocionará este sábado o seu produto gastronómico estrela: o pan. Será a través de obradoiros dirixidos ao público infantil e guiados pola Granxa Escola Belelle. O encontro, organizado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés para difundir a ruta marítima a Compostela, celebrarase este ano en Ferrol durante toda a xornada. No
caso dos talleres de elaboración de pan, desenvolveranse na praza de Armas dacidade naval en horario de tarde: o primeiro, de 17 a 17,40 h e o segundo, de 17,50 a 18,30 h. A organización abriu previamente a inscrición a través do correo info@caminoingles.gal, e no caso de quedar prazas dispoñibles, tamén será posible anotarse no propio evento.
Así mesmo, Neda tamén estará presente na cita a través dun stand de promoción turística atendido por unha informadora, que dará a coñecer entre o público asistente os principais recursos do municipio.

Share.

Comments are closed.