Obradoiro sobre violencia de xénero e o novo contexto dixital no IES Fernando Esquío de Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Mozos e mozas do IES Fernando Esquío de Neda tomaron parte esta mañá no Obradoiro “Violencia de Xénero e o Novo Contexto Dixital”. A actividade forma parte do acordó de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e a Fegamp para a conformación dunha Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, resultando o noso municipio elixido para a súa celebración.

A través do mesmo, rapaces e rapazas formáronse en conceptos que xorden no contexto dixital tal que a ciberviolencia de xénero, o grooming ou a sextorsión, adquirindo coñecementos e ferramentas de prevención contra estas prácticas

Share.

Comments are closed.