O VI Festival Internacional de Entes Animados despídese este domingo en Neda co espectáculo “My shadow and me”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O VI Festival Internacional de Entes Animados despídese este domingo á tardiña en Neda. A Casa da Cultura acollerá, a partir das 18.30 horas, a última das vinte representacións deste certame, que dirixe Plamen Dipchikov e coorganizaron os concellos de Ferrol, Narón, Fene, Valdoviño, Ares, Neda, Cabanas e Miño. O broche de ouro porao o inglés Drew Colby, coa obra “My shadow and me” (A miña sombra e máis eu).

Trátase dun espectáculo de sombras chinesas, inspirado no poema “My Shadow” de Robert Louis Stevenson. Unha proposta chea de humor e de momentos máxicos, baseada en breves encontros entre personaxes creados exclusivamente coas sombras e reflexos de luz. Tampouco faltan a música electrónica, o son do kazoo, e os efectos sonoros.

“My shadow and me”, que explora a relación que temos coa nosa sombra, sorprende pola súa sinxeleza e pola habilidade de Drew Colby, que participou en programas televisivos como Got talent, para crear case calquera figura.

A obra, que pasará por Limodre (sábado, 20 h) e O Val (domingo, 12 h)  antes de recalar en Neda, ten unha duración duns 45 minutos e vai dirixida ao público infantil (de catro anos en diante) e familiar. A entrada é de balde.

Share.

Comments are closed.