Martes, Decembro 3

O PSOE revalida a súa maioría absoluta en Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Completado o escrutinio dos votos emitidos pola veciñanza de Neda nas eleccións municipais 2023, o PSOE revalida a súa maioría absoluta. O candidatura liderada polo alcalde en funcións, Ángel Alvariño, consegue 1.324 votos (o 49, 7% dos sufraxios emitidos) o que traducido a escanos supón seis dos once concelleiros e concelleiras da corporación.

O Partido Popular mantense como segunda forza política do Concello, con 576 votos e dous concelleiros. O BNG (416) amplía a súa representación, pasando de un a dous concelleiros/as. E finalmente, Moveneda (306) logra manter o seu único concelleiro.

A porcentaxe de participación neste 28-M foi do 62,7 %, 4,52 puntos menos que nos comicios do 2019.

 

Share.

Comments are closed.