O programa de coidados Porta a Porta dirixido ás persoas maiores de 55 anos para a prevención da dependencia chegará a Neda o 30 de maio e 1 e 2 de xuño. Impulsado pola Xunta coa colaboración dos concellos, a través do mesmo, poderán acceder gratuitamente a consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria. Para iso, é preciso solicitar cita previa a través do teléfono 622 748 283 ou correo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal ou a través do departamento municipal de Servizos Sociais (casa consistorial ou teléfono 981 38 00 39).
Así, o persoal especialista ofrecerá no autocar do programa os servizos de:
-Podoloxía: Faise unha consulta básica; unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas, calosidades e helomas.
-Audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
-Estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas dende unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.