Xoves, Outubro 28

O programa cultural “Miúdo Verán” trae este xoves a Albarón a función “A máquina do tempo”, de Teatro Ghazafelhos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O programa cultural “Miúdo Verán” arranca esta semana co espectáculo “A máquina do tempo”, a cargo de Teatro Ghazafelhos. A función celebrarase en Albarón, este xoves 29 de xullo a partir das 20 horas e, dende este luns, o público interesado en asistir pode reservar a súa praza chamando ao 981 39 02 33 (en horario de 10 a 14).

A través de “A máquina do tempo” nenos e maiores poderán achegarse, dun xeito ameno e pedagóxico, á historia das civilizacións. Unha obra que chega a Neda da man da Deputación provincial, a través da Rede Cultural.

Share.

Comments are closed.