Domingo, Novembro 10

O programa “Acompañar no reto de educar” porá o foco este luns na adicción aos videoxogos dos menores

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O ciclo de charlas “Acompañar no reto de educar”, que co-organizan os concellos de Fene, Neda e Mugardos dentro do programa “Máis que un teito”, pon o foco este luns, 11 de decembro, na adicción aos videoxogos dos adolescentes. Ata este venres está aberto o prazo de inscrición para os pais e nais que queiran sumarse á iniciativa.

A sesión informativa, destinada a familias dos tres municipios con rapaces e rapazas de terceiro de primaria en diante, desenvolverase entre as 18 e as 20 horas na Casa da cultura fenesa. E nela falarase do mal uso das vídeo consolas, que pode xerar problemas de saúde mental e illamento social nos menores, e de cal debe ser a posición da familia ante estas condutas adictivas.

Os pais e nais nedenses poden inscribirse no obradoiro, accedendo ao formulario de inscrición , no que poderán indicar se precisan botar man do espazo para as crianzas, que contará con monitorado propio.

Para obter máis información, sobre o ciclo “Acompañar no reto de educar” poden dirixirse ao servizo de educación familiar de Neda (teléfono 981390233) ou ben aos Servizos Sociais de Fene (981492706/ 981342607) encargados da coordinación do proxecto intermunicipal, que subvenciona a Consellería de Sanidade.

Share.

Comments are closed.