Mércores, Febreiro 1

O prazo de presentación de ofertas para os contratos de mellora dos viais no Murallón e Cruz do Pouso-Fontevella amplíase ao 7 de novembro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O prazo de presentación de ofertas para optar aos contratos de mellora dos viais no Murallón e do camiño Cruz do Pouso-Fontevella amplíase ata o 7 de novembro. Tras quedar desertos os concursos en primeira instancia, o Concello de Neda volvía a sacar a licitación as obras, nas que investirá máis de 86.000 euros procedentes do POS+2022.

No caso dos camiños no Murallón, permitirán estender o plan municipal de conservación de vías ao 100% da rede viaria do Puntal, xa que tan só resta aglomerar este camiño na zona. Divídese en tres treitos: o de baixada da Silva a Médico Cebreiro (camiño do Murallón), o de baixada da Silva a Médico Cebreiro (que converxe co anterior), e o tramo de entronque entre estes dous viais, en A Silva. Na intervención investiranse 38.739,52 euros.

Pola súa banda, a obra de mellora prevista no Camiño Cruz do Pouso-Fontevella, na parroquia de Anca, contempla o aglomerado e a ampliación de cunetas e pintado de viais que quedaran pendentes na área de influencia do camiño. Neste último caso, actuarase nos treitos: Os Cobos-Corredoira; Corredoira–Vila de Anca; Vila de Anca–AC-121; Vilar-Lobeira; Fraguela; Fontevella–Pedrós, e vial acceso cemiterio de Anca. O orzamento da intervención ascende a 48.717,76 euros.

Share.

Comments are closed.