O Parrulo Ferrol e a Fundación Gadesport pecharán a súa tempada na semana do 1 ao 5 de xullo organizando, en colaboración co Concello de Neda, as xornadas de portas abertas “Futsal Free”, no pavillón municipal Ale de Paz.
Estas xornadas serán gratuítas para todos os xogadores e xogadoras da Escola de Fútbol Sala de O Parrulo Ferrol e a Fundación Gadesport, como para os nenos e nenas empadroados en Neda e as sesións serán impartidas por adestradores titulados da entidade ferrolá.
Cada día estará destinada a unha categoría, que detallamos a continuación:
Luns 1 de xullo:
Categorías chupete e biberón (nados/as 2020, 2019 e 2018): de 17 a 19 horas.
Categorías femininas (de chupete ata cadete): de 19 a 21 horas.
Martes 2 de xullo
Categoría prebenxamín (nados/as 2017 e 2016): de 17 a 19 horas.
Mércores 3 de xullo:
Categoría benxamín (nados/as 2015 e 2014): de 17 a 19 horas.
Xoves 4 de xullo:
Categoría alevín (nacidos/as 2013 y 2012): de 17 a 19 horas
Venres 5 de xullo:
Categorías infantil e cadete (nados/as de 2011 a 2008): de 17 a 19 horas
Como inscribirse?
Todas as persoas interesadas en participar nesta actividade teñen que inscribirse enviando un whatsapp ao 673.668.664 o enviando un email a escuela@oparrulofs.es indicando el nome completo do neno ou nena, data de nacemento e un teléfono de contacto.
O prazo para anotarse finalizará o venres 28 de xuño, ás 13 horas.
O máximo de participantes en cada categoría será de 35 nenos e nenas, dándose prioridade a orde de inscrición.