O IES Fernando Esquío recibe a unha delegación de docentes e estudantes procedentes de Alemaña, Reino Unido e Turquía no marco do programa Erasmus

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Docentes e alumnado do IES Fernando Esquío exercen estes días de anfitrións dunha delegación integrada por uns 40 estudantes e profesores de centros educativos procedentes de Alemaña, Reino Unido e Turquía. Unha iniciativa que se inclúe no proxecto Erasmus no que participa o instituto local dende hai uns anos, e que os levará a primeira semana de febreiro a visitar Cardiff -Gales- para avanzar nese intercambio constante de coñecementos e experiencias. En concreto, participarán 6 alumnos e alumnas de 4º da ESO.

Así, segundo explica Begoña López Soto, docente de Inglés e responsable da Biblio do IES nedense, o proxecto nace a iniciativa do CFR Ferrol, que propón aos centros da comarca plantear proxectos de dixitalización para a aprendizaxe e compartilos a través da rede Erasmus. No caso de Neda, a proposta, que impulsou a profesora de Bioloxía Ángeles Fernández Baz, centrouse na combinación de tecnoloxía e bioloxía para a identificación do catálogo de plantas invasoras na zona. Un catálogo en continua construción aberto á participación cidadá a través da web do centro.

Co obxectivo de dalo a coñecer e intercambiar experiencias educativas cos centros doutros países, trala pandemia, que obligou a restrinxir a mobilidade, retomáronse visitas como a destes días.  Así, o IES Fernando Esquío recibía onte ao alumnado de Alemaña, Reino Unido e Turquía e amosáballe os avances realizados no traballo de dixitalización, así como o seu día a día. Unha xornada que tamén contaba coa asistencia do alcalde, Ángel Alvariño, e da concelleira de Educación, Ángeles Puentes.

Share.

Comments are closed.