Mércores, Setembro 28

O grupo de teatro Donas de Amistad trae este domingo á Casa da Cultura Neda o seu último espectáculo: “Don Pero, el emparedado”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O grupo de teatro “Donas de Amistad”, da Asociación de Mulleres Amistad de Santa Mariña, representará este domingo 27 de marzo en Neda a súa obra “Don Pero, el emparedado”, unha comedia ambientada na Idade Media. Será a partir 19 horas no salón de actos da Casa da Cultura. As entradas, ao prezo único de 2 euros, poden reservarse no teléfono 981 39 02 33.

Aínda que o grupo Donas de Amistad nace no 2009, non é ata 2 anos despois cando empezan a escribir e representar as súas propias creacións. Todas elas, en tono de comedia. Entre outras, “A voda de Tano Godello”, “In memoriam de Agapito Salido”, “Hotel Don Pío” ou, máis recentemente, a función que representarán en Neda. Todas elas, son obras escritas, producidas, dirixidas e postas en escena polas propias integrantes do grupo.

Share.

Comments are closed.