O escritor Juan José Lada Vilariño presenta en Neda “El oro de Himmler”, coa que o autor completa a triloxía “El tesoro de Artabria”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O escritor Juan José Lada Vilariño presentará este venres na Casa das Palmeiras de Neda a súa útima obra, “El oro de Himmler”, coa que o autor completa a súa saga “El tesoro de Artabria”. O acto dará comezo ás 19:00 horas con entrada libre, e nel, o escritor avanzará algunhas claves da súa novela, e asinará exemplares ao remate.

“El oro de Himmler” é unha novela de aventura na que catro amigos adolescentes e un antigo profesor buscan un dos tesouros enterrados polos nazis. Para isto, incumplen algunhas normas e corren moitos riscos. Porén, a búsqueda ben merece algúns sacrificios. Unha búsqueda chea de sorpresas, aventura e acción que levará aos seus protagonistas por diferentes emplazamentos históricos de Europa. Namentras, o Grupo Bilderberg perseguirá o mesmo tesouro e utilizará todos os seus recursos e poder para acabar cos mozos.

O autor, aínda que naceu en Bélxica, viviu dende moi novo en Narón, e durante anos residiu en Neda. Atopa no seu fillo adolescente a súa principal motivación para escribir as súas obras, e todas elas comparten un nexo en común: novelas de aventuras con apuntes históricos onde se ensalzan valores como a amizade ou a sabiduría das xeracións precedentes.

 

Share.

Comments are closed.