O escritor e investigador Juan Galán presenta o xoves en Neda a súa novela Romanza de los naranjos en flor

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Casa das Palmeiras de Neda será escenario mañá xoves da presentación da novela “Romanza de los naranjos en flor”, do escritor e investigador Juan Galán. O acto dará comezo ás 20 horas, e no mesmo, o autor estará acompañado da poeta Amelia de Querol Orozco. Así, as persoas interesadas en asistir aínda poden reservar a súa entrada chamando ao teléfono 981 39 02 33 (en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 h).

“Romanza de los naranjos en flor” é unha novela que transcorre durante a Guerra Civil Española.  O seu autor defínea como una combinación de novela histórica e de intriga. «O testemuño dunha traxedia colectiva contada a través da historia de dúas persoas cuxas vidas discorren en paralelo sen vínculo entre elas, Alfonso Castro Weiss, falanxista coruñés, avogado e fillo dun republicano nado en Ferrol, e Miguel Artimes Chaira, violinista ovetense afiliado á C.N.T». Eles son os protagonistas dunha trama na que ambos acaban confluíndo no campo de concentración do mosteiro de Oia en Pontevedra. Non é unha novela de guerra, apunta Juan Galán, «aínda que o elemento principal é a represión sufrida polos prisioneiros republicanos».

Share.

Comments are closed.