O Entroido arranca este venres en Neda co seu Festival de Comparsas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Entroido arranca mañá venres en Neda coa celebración do Festival de Comparsas. Unha xornada festiva na que tomarán parte nove comparsas e un grupo, e que arrancará xa ás 18:30 horas. A partir dese momento, o Grupo AS CARALLETAS e as comparsas OS COLLUDOS e OS ARGALLEIROS serán as encargadas de animar a zona centro, namentras que as comparsas OS SCRATCHADOS, AS XOANIÑAS DE CHAO E SEMENTE DE TRASANCOS ambientarán a zona de Xubia.

De seguido, estas reuniranse en Santa María para iniciar un itinerario por O Paraíso, a rúa Real e Xeneral Morgado. As restantes comparsas que participarán no festival sumaranse a elas na Avenida de Castelao. Son TRÓUPELE TRÓUPELE, OS PARRANDOLOS, OS ARGALLEIROS, A REVOLTA DE TRASANCOS e A CANTEIRA. Arrancará así ás 20:00 horas o pasarrúas ata o pavillón municipal, percorrendo Xeneral Morgado, Sobre a Vila e a rúa Valle Inclán. E xa alí, dará comezo o animado festival.

Dende o Concello, convídase a todo o mundo a seguir as actuacións e, tamén, faise un chamamento para evitar o estacionamento na rúa Real e Sobre a Vila entre as 18 e as 21:30 horas.

Share.

Comments are closed.