O concerto de Manu Sija pecha este domingo en Neda o festival itinerante Jazz de Ría

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Jazz de Ría despide este domingo ao mediodía en Neda a súa décima edición. A contorna da ribeira de San Nicolás converterase por sexto ano consecutivo nun dos escenarios naturais deste festival itinerante, con actuacións tamén en localizacións de Cedeira, Valdoviño e Narón. A edición máis internacional do certame, coorganizado polo Concello de Neda, pecharase co concerto do artista arxentino Manu Sija.

O compositor e improvisador de Tucumán, un dos multiinstrumentistas máis singulares da escena sudamericana actual, porá o broche de ouro a partir das 13:00 horas ao certame que, neste ano, puxo o foco nas propostas arredor da historia que une a tradición galega con Miles Davis.

Con Manu Sija, recoñecido pola súa capacidade para integrar improvisación, folclore e experimentación electrónica nun mesmo directo, Jazz de Ría completa o seu cartel máis internacional, pois reuniu a artistas procedentes de Cuba, Perú, Palestina, Irlanda, Estados Unidos, Arxentina e España.

Share.

Comments are closed.