Luns, Novembro 29

O Concello tramita 57 requerimentos para a limpeza de fincas e terreos privados

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

No que vai de ano, o Concello de Neda tramitou un total de 57 requerimentos a outros tantos propietarios de fincas e terreos para que procedesen á limpeza e acondicionamento dos mesmos. Do total, e nos últimos tempos, 20 solicitudes foron atendidas, outras 30 están en proceso e 7 derivaron na apertura dun expediente por incumprimento. Neste último caso, o Concello executará subsidiariamente as tarefas e pasará despois a factura correspondente ás persoas titulares das propiedades.

Trátase de fincas e terreos repartidos por todas as parroquias invadidos pola maleza ante a falla de labores de mantenemento. Unha situación que provoca a afectación noutras parcelas colindantes e viais e beirarrúas, e en ocasións, estes espazos convírtense en auténticos focos de lixo e presenza de roedores. Un listado de fincas que supera o medio centenar e que resulta das inspeccións realizadas polo propio Concello ou das comunicacións de veciños e veciñas. En todo caso, a Administración local confía en que eses requerimentos rematen, na súa inmensa maioría, coa limpeza por parte das persoas propietarias.

Share.

Comments are closed.