Luns, Novembro 29

O Concello suma á oferta deportiva de verán un circuito ninja e slackline para nenos e nenas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda convida a nenos e nenas a partir de 4 anos a participar nunha trepidante sesión de slackline e circuito ninja. Incluída na programación deportiva de verán, celebrarase o venres 27 de agosto na pista dos Subarreiros, en horario de mañá, de 10,30 a 13,30 horas.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición ábrese hoxe, ata completar aforo. As persoas interesadas deben chamar ao 981 39 02 33 en horario de 10 a 14 h ou 667 393 192 de 17 a 20 horas.

A través da sesión, nenos e nenas poderán poñer a proba o seu equilibrio a través dun circuito de cintas, que tamén permitirá realizar saltos e funambulismo, e haberá un espazo para a escalada e tamén unha estación de psicomotricidade.

Share.

Comments are closed.