O Concello segue a apoiar a natalidade con axudas municipais por novos nacementos ou adopcións

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda lembra ás familias que segue aberto o seu programa de axudas, dirixido aos proxenitores nedenses que inscriban no padrón municipal aos seus fillos/as nacidos ou adoptados no ano 2023.Trátase dunha subvención de pago único por importe de 300 euros ou de 600 euros, no caso de menores con discapacidade.

Apuntan dende o departamento de Servizos Sociais que, no que vai de ano, un total de seis familias solicitaron este apoio económico municipal, co que o Concello dá a benvida aos novos bebés nedenses, colaborando coas familias nos cuantiosos gastos aos que deben facer fronte nos primeiros meses de vida.

Explican que terán dereito ao denominado “cheque 300” pais/nais, empadroados no municipio cunha antigüidade mínima de seis meses, que o soliciten no prazo de tres meses tras a alta censal do menor.

Para recibir o cheque, é requisito indispensable que os proxenitores asinen un compromiso de manter o empadroamento en Neda durante un período mínimo de catro anos, co obxectivo así de facer efectiva a finalidade da axuda, que non é outra que contribuír a fixar poboación nova no municipio.

Share.

Comments are closed.