Mércores, Decembro 4

O Concello saca a contratación obras de mellora no campo de fútbol cun investimento superior aos 61.000 euros

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda investirá 61.356,45 euros en diversas obras de mellora do campo de fútbol de San Isidro. Vén de sacar a contratación os traballos e as empresas poden presentar ata o día 19 as súas ofertas (o procedemento e documentación pode consultarse na plataforma de contratos do sector público). A intervención contempla obras nas gradas e no peche das instalacións, e financiarase con cargo ao POS+ 2021 da Deputación provincial da Coruña, cun prazo de execución estimado de 3 meses.

Ao detalle, e respecto á zona de gradas, eliminarase o material de cobertura, moi deteriorado, ampliarase a cuberta e instalarase panel sándwich, máis resistente e con mellor protección fronte á choiva. A actuación sobre o peche perimetral contempla a substitución dunha parte por unha nova malla de cordón de nylon, así como a renovación dos postes danados, e a construción dunha cuneta formigonada en v para a recollida de pluviais, conducíndoas ata o exterior do recinto do campo.

Share.

Comments are closed.