Sábado, Marzo 25

O Concello saca a contratación a construción e mellora de beirarrúas nos tramos pendentes ou en mal estado da Avenida de Alxeciras

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda procederá á construción de novas beirarrúas e bordillos naqueles tramos en mal estado, ou mesmo que carecen delas, na Avenida de Alxeciras, entre a rúa Roseira e o Camiño do Regueiro. Zonas, nalgúns casos con graves deficiencias pola súa antigüidade e o sistemático estacionamento enriba das mesmas. Así, a Administración local destinará unha partida duns 103.000 euros nesta intervención, con cargo ao POS+Adicional. Ademais, e en paralelo á actuación, procederá tamén á renovación da rede de abastecemento de auga e de saneamento en determinados puntos, aproveitando o levantamento do pavimento.

A intervención está en proceso de contratación, e as empresas poden presentar as súas ofertas ata o 4 de xaneiro, e consultar a documentación na plataforma de contratación do sector público. A intención da Administración local é executar a actuación no primeiro trimestre de ano.

Share.

Comments are closed.