Domingo, Novembro 10

O Concello renova as comportas que regulan o acceso da auga do Belelle á canle da Mariña

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello vén de substituír as comportas existentes na presa próximo á Fervenza. Un deses portóns regula a entrada do caudal do río Belelle na centenaria canle da Mariña, que traslada a auga que, tras a súa potabilización, chegará aos fogares do municipio.

Ante o deterioro dos antigos portóns, como consecuencia do paso tempo e do permanente contacto coa auga, procedeuse a cambiar tanto a “porta” que modula a entrada de auga na canle, como a do aliviadoiro da represa, situada por debaixo da cota do azud, para garantir o caudal circulante.

A administración local financiaba con fondos propios esta intervención, destinada a garantir a conservación das infraestruturas ligadas ao abastecemento. Cómpre lembrar que nos últimos anos fixéronse tarefas de mantemento ao longo de varios quilómetros da canle da Mariña, co obxectivo de evitar a filtración de raíces.

Share.

Comments are closed.